jueves, 1 de mayo de 2014

MEDO


O medo é unha das emocións básicas que funciona como unha sinal de alarma, que nos avisa dunha ameaza ou dun perigo que pode ser real ou imaxinario para poñerlle frente do mellor xeito posible. Se un medo se presenta dun xeito desproporcionado, con moita frecuencia e intensidade, pasa a considerarse fobia e as consecuencias serán malestar, preocupacións e síntomas desagradables que chegan a repercutir na vida cotiá da persoa que os sofre. Respecto da actividade fisiolóxica referente a esta emoción cabe facer distinción entre a actividade que se produce no sistema nervioso central, a do sistema nervioso autónomo e a do sistema nervioso somático.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Bisquerra, R. (2000). Educación emocional y bienestar. Barcelona: Praxis.

Hué, C. (2008). Bienestar docente y pensamiento emocional. Bilbao: Wolters Kluwer.

Marina, J. A. (2006). Anatomía del miedo. Barcelona: Anagrama.

Méndez Carrillo, F. X. (2003). El niño miedoso. Madrid: Pirámide. 

Segura, M. y Arcas, M. (2003). Educar las emociones y los sentimientos. Introducción práctica al complejo mundo de los sentimientos. Madrid: Narcea.


PARA SABER MÁIS

Experimento: Pequeno Albert


Unha parella de investigadores norteamericanos realizou varias probas con un neno de aproximadamente un ano de idade para demostrar a teoría da asociación. 
Albert, o pequeno protagonista, era fillo dunha das nodrizas que traballaban nunha situación para neno inválidos. Gozaba de boa saúde e o seu desenvolvemento físico era excelente e foi seleccionado por ser impasible e pouco emotivo. 

Nun primeiro momento o que buscaban era atopar algo que lle metese medo ao neno para poder avanzar o experimento. Logo de facer moitas probas, descubriron que con un ruido forte e inesperado o neno se sobresaltaba, alterábase a súa respiración e levantaba os brazos con medo. Repetiron a acción (bater con un martelo unha barra de ferro) e observaron que apretaba os labios e lle temblaba a boca. Ao terceiro intento o neno comezou a chorar. 
Logo ensináronlle diferentes animais (unha rata branca de laboratorio, un coello, un can pequeno, unha cría de mono) e diferentes obxectos (papel queimado, un paquete de algodón…) Filmaron o comportamento de Albert. A súa reacción máis frecuente foi acercarse e tocar os animais e as cousas que lle poñían diante. En ningún momento manifestou sinal de medo ou angustia. 
Sacaron dunha cesta unha rata branca e puxéronlla diante ao neno. Nada mais vela, alargou a man para collela. Nese mesmo instante en que comezaba a acariciar ao animal propinaron un son forte co martelo e Albert sobresaltouse. Cando novamente pretendía alcanzar o animal coa súa man, sonou outra vez o ruido metálico e o pequeno comezou a chorar. 
Á semana seguinte confirmaron os efectos do experimento anterior. Sen aviso previo, mostráronlle ao neno a rata en silencio. O neno mirouna fixamente e cando se acercou a súa man este apartouna rápidamente. Nese momento os investigadores ofrecéronlle uns cubos de madeira para que xogara, desconectara e se relaxara de novo.
Máis tarde, repetiron seis veces a asociación rata laboratorio - ruido forte. Despois introduciron ao animal sen ningún ruído e constataron que ao aparecer a rata o neno choraba, caída de lado, incorporábase e corría gateando a toda velocidade en sentido contrario ata chegar ao borde da mesa de laboratorio, onde o adulto o socorría.
Dous meses antes Albert gozaba xogando coa rata branca como mascota, e agora sentía un medo intenso cara o animal. Asociar a rata branca con un ruído forte ocasionou que o pequeno fuxira rapidamente ao ver o animal. 
Logo mostráronlle outro animais e o medo que tiña á rata extendeuno a eses animais parecidos e ás cousas brancas de textura semellante ao seu pelaxe. 





RESILIENCIA


A resiliencia é a capacidade que as persoas teñen para facer fronte a situacións adversas, (como a perda dun ser querido, a presenza de enfermedades…) grazas ás súas calidades mentais, de conducta e de adaptación. As persoas resilientes teñen un maior equilibrio emocional, son menos propensas a sufrir estrés e soportan mellor a presión. Cando se lle presenta algún obstáculo, pensan sempre en positivio e supérano de maneira exitosa.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Barudy Labrin, J. (2005). Los buenos tratos a la infancia. Parentalidad, apego y resiliencia. Barcelona: Gedisa.

López Cassà, È. (2012). Educar las emociones en la infancia (0 a 6 años). Reflexiones y propuestas prácticas. Madrid: Wolters Kluwer.

Gardner, H. (2011). Inteligencias múltiples. La teoría en la práctica. Barcelona: Paidós.

EMPATÍA


A empatía é a capacidade do ser humano de comprender os estados internos da otra persoa, ou sexa os seus pensamentos, percepcións, sentimentos e intencións e de saber reaccionar dun xeito axeitado. Ser unha persoa empática implica saber escoitar, interpretar as sinais non verbais, mostrar comprensión e prestar axuda emocional se é preciso. Ter unha actitude empática desempeña un papel decisivo nas relacións interpersonais, profesionais e sociais. Podemos diferenciar dous tipos de empatía: a cognitiva que fai referencia á capacidade para comprender as emocións e sentimentos dos demais e a emocional  que se refire á capacidade para vibrar coas emocións da outra persona. Neste tipo de empatía teñen un papel importante as neuronas espello.  Practicar a empatía ofrécenos múltiples beneficios: establecerase un clima de confianza coas persoas coas que falamos, gardarán unha imaxe máis positiva de nós, desenvolveremos a nosa intelixencia emocional e favoreceremos a existencia de relacións sanas.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Hoffman, Martin L.(2002). Desarrollo moral y empatía: implicaciones para la atención y la justicia. Barcelona: Idea Books.

Hué, C. (2008). Bienestar docente y pensamiento emocional. Bilbao: Wolters Kluwer.

Vallés, A. (2009). La inteligencia emocional de los padres y de los hijos. Madrid: Pirámide.



REGULACIÓN EMOCIONAL


A regulación emocional é a capacidade de manexar as emocións de forma apropiada. Isto supón tomar conciencia da relación entre emoción, cognición e comportamento, sabendo empregar boas estratexias para afrontar os problemas que se presentan. Isto implica autocontrolar a impulsividade, afrontar ou previr os estados emocionasis negativos (ansiedade, depresión, estrés…) e ter a capacidade de autoxerar de forma voluntaria e consciente emocións positivas.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Bisquerra, R. (2003). Educación emocional e competencias básicas para la vida. Revista de Investigación Educativa, 21 (1), 7-43.

López Cassà, È. (2007). Educación emocional: Programa para 3- 6 años. Madrid: Wolters Kluwer.

López Cassà, È. (2012). Educar las emociones en la infancia (0 a 6 años). Reflexiones y propuestas prácticas. Madrid: Wolters Kluwer.

PARA SABER MÁIS



Nestas dúas páxinas resáltasenos a importancia de ensinar a manexar as emocións xa dende idades temperás. Os pais e nais como os educadores e educadoras teremos que ter un papel importante e axudarlle a controlar os impulsos e a ser máis racional e reflexivo.

CONCIENCIA EMOCIONAL


A conciencia emocional é a capacidade de tomar concienca do estado emocional, tanto propio como das demais persoas. Unha persoa con esta capacidade é quen de percibir con exactitude os propios sentimentos e emocións, identificalos e poñerlle nome, comprender as emocións dos demais e expresalas a través da linguaxe verbal e non verbal. Isto terase que traballar dende os primeiros ano de vida para que se acade un desenvolvemento emocional equilibrado, que faga posible o benestar persoal e social.


REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Consellería de Educación. (2009). Medrando sans de sentimento en sentimento... de emoción en emoción. Xunta de Galicia.

Bisquerra, R. (2003). Educación emocional e competencias básicas para la vida. Revista de Investigación Educativa, 21 (1), 7-43.

López Cassà, È. (2012). Educar las emociones en la infancia (0 a 6 años). Reflexiones y propuestas prácticas. Madrid: Wolters Kluwer.



INTELIXENCIA INTRAPERSOAL


A intelixencia intrapersoal é a capacidade que ten unha persona para comprenderse a si mesmo, discriminando entre as emocións, poñendolle nome e recurrindo a elas co fin de interpretar e orientarse á hora de actuar. Ser unha persoa con intelixencia intrapersonal implica ter unha imaxe positiva de si mesmo e ser capaz de recoñecer os propios estados de ánimo, motivacións e desexos. Unha persona intelixente intrapersoalmente é quen de comprenderse a si mesmo, autocontrolarse, traballar dun xeito individual e acadar un desenvolvemento emocional equilibrado.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Gardner, H. (2011). Inteligencias múltiples. La teoría en la práctica. Barcelona: Paidós.

Suazo, S. (2006). Inteligencias Múltiples. Manual práctico para el nivel elemental. Puerto Rico: Universidad de Puerto Rico.

Vallés, A. (2009). La inteligencia emocional de los padres y de los hijos. Madrid: Pirámide.



INTELIXENCIA INTERPERSOAL


A intelixencia interpersoal é a capacidade que temos as persoas para percibir e distinguir os estados de ánimo, intencións, desexos e sentimentos de outras persoas a través das súas expresións faciais, da súa voz ou dos xestos.  Esta intelixencia maniféstase cando nos comunicamos con outras persoas, xa sexa de xeito verbal ou non verbal, e cando traballamos de xeito cooperativo en grupo. Unha persoa con este tipo de intelixencia terá máis facilidade para entablar relación con outras persoas, comprendendo emoción e sentimentos axenos.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Gardner, H. (2011). Inteligencias múltiples. La teoría en la práctica. Barcelona: Paidós.

Suazo, S. (2006). Inteligencias Múltiples. Manual práctico para el nivel elemental. Puerto Rico: Universidad de Puerto Rico. 

Vallés, A. (2009). La inteligencia emocional de los padres y de los hijos. Madrid: Pirámide.