A
empatía é a capacidade do ser humano de comprender os estados internos da otra
persoa, ou sexa os seus pensamentos, percepcións, sentimentos e intencións e de
saber reaccionar dun xeito axeitado. Ser unha persoa empática implica saber
escoitar, interpretar as sinais non verbais, mostrar comprensión e prestar
axuda emocional se é preciso. Ter unha actitude empática desempeña un papel
decisivo nas relacións interpersonais, profesionais e sociais. Podemos
diferenciar dous tipos de empatía: a cognitiva que fai referencia á capacidade
para comprender as emocións e sentimentos dos demais e a emocional que se refire á capacidade para vibrar coas
emocións da outra persona. Neste tipo de empatía teñen un papel importante as
neuronas espello. Practicar a empatía ofrécenos
múltiples beneficios: establecerase un clima de confianza coas persoas coas que
falamos, gardarán unha imaxe máis positiva de nós, desenvolveremos a nosa
intelixencia emocional e favoreceremos a existencia de relacións sanas.
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
Hoffman, Martin L.(2002). Desarrollo moral y empatía: implicaciones para la atención y la justicia. Barcelona: Idea Books.
Hué,
C. (2008). Bienestar docente y pensamiento emocional. Bilbao: Wolters Kluwer.
Vallés,
A. (2009). La inteligencia emocional de los padres y de los hijos. Madrid:
Pirámide.
No hay comentarios:
Publicar un comentario