jueves, 1 de mayo de 2014

EMOCIÓN


A emoción é un estado afectivo que experimentamos os seres humanos como resposta a un acontecemento interno ou externo e que ven acompañado de cambios orgánicos de orixe innato. Teñen unha función adaptativa e cada individuo experiméntaa de forma particular, dependendo das súas experiencias anteriores, aprendizaxe, carácter e da situación concreta. Xorden dun xeito inconsciente pero podemos aprender a manexar os estados emocionais, que nos axudarán a establecer relación co resto das persoas. Entre as emocións faise distinción entre primarias e secundarias, que definirei a continuación. Os compoñentes da emoción son tres e explicareinos a continuación:

  • Compoñente neurofisiolóxico: maniféstase con sudación, sequidade na boca, cambios nos neurotransmisores, secrecións hormonais, respiración axitada... Estas son sempre respostas involuntarias, que a persoa non pode controlar pero que si se deben previr mediante exercicios de relaxación. No referente á educación emocional e interesante tratar estas manifestacións posto que se se producen con frecuencia poden resultar unha ameaza para a saúde.

  • Compoñente conductual: manifestase nas expresións faciais, no ton de voz, no volume, nos movementos do corpo, na linguaxe non verbal e aporta bastante información para coñecer o estado emocional dunha persoa. Os nenos e nenas de curta idade resúltalle difícil ocultar as emocións que senten, son totalmente transparentes, á diferenza dos adultos que temos a capacidade de ocultalas ou tapar unha emoción con outra. O feito de saber regular a expresión das emocións considérase un indicador de madurez e equilibrio, que se pode educar e que se debería educar posto que favorecerá as relación interpersoais.

  • Compoñente cognitivo: fai posible que recoñezamos un estado emocional e lle demos un nome. É importante unha educación emocional encamiñada a un mellor coñecemento das propias emocións e a adquirir novo vocabulario, para non ser analfabetos emocionalmente e para poder poñerlle nome a iso que sentimos


    REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
    Bisquerra, R. (2000). Educación emocional y bienestar. Barcelona: Praxis.

    Bisquerra, R. (2011). ¿Cómo educar las emociones? La inteligencia emocional en la infancia y la adolescencia. Esplugues de Llobregat: Faros.

    Goleman, D. (2008). Inteligencia emocional. Barcelona: Kairós

    Mora, F. (1994). Diccionario de neurociencias. Madrid: Alianza.

    Vallés, A. (2009). La inteligencia emocional de los padres y de los hijos. Madrid: Pirámide.

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario