A
educación emocional é un proceso
educativo, continuo e permanente que ten a finalidade de potenciar
o desenvolvemento emocional como un punto importante para acadar, xunto co
desenvolvemento cognitivo, a formación da personalidade dun xeito integral e
equilibrado (físico, intelectual, social, emocional…). Neste proceso proponse
desenvolver habilidades e emociones que capaciten ao ser humano para poñer
frente aos retos que se plantean na súa vida cotiá, coa finalidade de aumentar o seu benestar
persoal e social. De acordo con isto, pódese considerar esta unha educación
continua e permanente, para a vida. Algún
dos seus obxectivos son: adquirir un mellor coñecemento das propias emocións,
identificar as dos demais, poñerlles nome, ter a capacidade de regulalas,
previr os efectos novicos das emocións negativas, desenvolver a habilidade de
automotivarse e adoptar unha actitude positiva ante a vida.
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
Bisquerra,
R. (2000). Educación emocional y bienestar. Barcelona: Praxis.
Álvarez
González, M. (2011). Diseño y evaluación de programas de educación emocional.
Madrid: Wolters Kluwer.
Bisquerra,
R. (2011). ¿Cómo educar las emociones? La inteligencia emocional en la infancia
y la adolescencia. Esplugues de Llobregat: Faros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario