-
Neste apartado do blog farei referencia a libros que considero que poden ser de utilidade para traballar a educación emocional con nenos e nenas de Educación Infantil ou Primaria. Primeito citarei libros que poden de servir de orientación para calquera adulto que queira traballar as emocións á vez que conta un conto. Logo cito algúns contos infantís que nos poden servir a todos nós nun futuro cando sexamos mestres e queiramos darlle a importancia que merecen ás emocións.
Nuñez, C., Romero, R.
(2013). Emocionario. Madrid: Palabras Aladas.
Título: Emocionario. Di
lo que sientes.
Autor:
Editorial: Palabras
Aladas
Ano de publicación:
2013
Páxinas: 92
O
Emocionario describe dun xeito sinxelo e claro corenta e dous estados
emocionais. Este libro paréceme moi apropiado para tratar cos máis pequenos e
pequenas as emocións, coa finalidade de que aprendan a identificalas, sexan
capaces de poñerlle nome e poidan expresarse cando o precisen. Este libro pode
ser unha guía ou un apoio pedagóxico para ir tratando as diferentes emocións
segundo vaian xurdindo na aula. Algunhas das emocións das que se falan son:
ternura, amor, odio, ira, irritación, tensión, alivio, serenidade, felicidade,
alegría, tristeza, compasión, remordemento, culpa, medo, asombro… Como se pode
observar nas escolas infantís, en poucas ocasións se abrangue un abanico tan
amplo de emocións. Tratalas todas axudará aos alumnos e alumnas a coñecerse
moito mellor.
Varcárcel.
R., Núñez. C,. (2014). Manual para soñar. Entrénate para soñar. Madrid:
Palabras Aladas.
Título: Manual para soñar.
Entrénate para soñar.
Autor: Cristina Núñez
Pereira e Rafael Romero Valcárcel
Editorial: Palabras
Aladas
Ano de publicación:
2014
Páxinas:
80
Neste libro cóntase a historia de 28 persoas que teñen
cousas en común: un gran soño que ocupou as súas mentes e os seus corazóns
durante a infancia e que finalmente se fixeron realidade.
Partindo das historias contadas no libro e facendo
preguntas aos nenos e nenas podemos averiguar cal é o seu soño que lles fará
vivir ilusionados e de que xeito os poden acadar. Isto permitiranos coñecelos
mellor e facerlles ver que respetamos os seus soños e os apoiamos e
incentivamos para acadalos.
Varcárcel Romero. R., Núñez Pereira. C. (2014). Valores
de Oro. Entrénate para soñar. Madrid: Palabras Aladas.
Autor: Cristina Núñez
Pereira e Rafael Romero Valcárcel
Editorial: Palabras
Aladas
Ano de publicación:
2014
Páxinas:
80
Neste libro cóntase a historia de once
futbolistas de diferentes xeracións e fai referencia as súas calidades, que lle
fixeron posible acadar os seus soños. De cada persoa valóranse tanto calidades físicas,
como la resistencia; do carácter, como a paciencia… Unhas que son máis
visibles, como a creatividade e outras que pasan máis desapercibidas, como a
sinxeleza e a humildade. Considero que con este libro podemos traballar as
calidades propias, analizar a nosa propia personalidade e compartir a visión
que temos dos demais, tratando de ver sempre o positivo. Esta actividade suporá
unha inxección de autoestima para os pequenos e pequenas.
Ibarrola, B. (2003). Cuentos para sentir. Educar las emociones. Madrid: SM.
Ibarrola, B. (2003). Cuentos para sentir. Educar las emociones. Madrid: SM.
Autor: Begoña Ibarrola
Editorial: SM
Ano de publicación:
2003
Páxinas: 302
Ibarrola, B. (2003). Cuentos para sentir (II). Educar las emociones. Madrid: SM.
Título: Cuentos para sentir. Educar las emociones
Autor: Begoña Ibarrola
Editorial: SM
Ano de publicación:
2003
Páxinas: 302
Estes dous libros son unha recopilación de contos para que o neno poida desenvolver a súa intelixencia emocional. Os contos están clasificados polos diferentes sentimentos en torno aos cales xira a historia e están contados de forma sinxela para que tanto pais como Mestres poidan transmitilos fácilmente aos nenos.
Estes son un bo recurso para traballar a intelixencia emocional cos pequenos e pequenas, tanto na aula como na casa.
Autor: Anna Llenas
Editorial: Flamboyant
Idade: a
partir de 4 anos
Ano de publicación: 2012
Páxinas: 40
Este
conto paréceme un recursos didáctico interesante para familiarizar aos pequenos
e pequenas coas emocións e axudarlle a diferencialas. O monstruo de cores ten un lío enorme e non sabe que é o que verdadeiramente lle pasa. Coa axuda dunha nena, descubre que se separa e clasifica as emocións sentirase moito mellor. O que fai este monstruo é asociar cada emoción a unha cor e logo introducilo nun bote, desde xeito aprende a diferenciar a rabia, a tristura ou a alegría entre outras emocións.
Despois da lectura deste conto, pódese realizar unha actividade semellante co alumnado de xeito que eles tamén asocien emocións a situación e cores concretas, para logo gardalas en botes.
McBratney, S. (2010). Adivina cuánto te quiero. Madrid: Kókinos.
Despois da lectura deste conto, pódese realizar unha actividade semellante co alumnado de xeito que eles tamén asocien emocións a situación e cores concretas, para logo gardalas en botes.
McBratney, S. (2010). Adivina cuánto te quiero. Madrid: Kókinos.
Autor: Sam McBratney
Editorial: Kókinos
Idade: a partir de 3 anos
Ano de publicación:
2010
Páxinas: 40
Ás veces, cando queremos a alguén moito intentamos atopar
o modo de describir o tamaño dos nosos sentimentos. Esta historia dá pe a falar
do amor que sentimos polas outras persoas e é un recurso interesante para
traballar esa emoción.
Liao, J. (2010). Esconderse en un
rincón del mundo. Madrid: Barbara Fiore Editora.
Autor: Jimmy Liao
Editorial: Barbara Fiore
Editora
Idade: a partir de 6 anos
Ano de publicación:
2010
Páxinas: 104
Todos
queremos escondernos nun lugar do mundo onde ninguén nos vexa e esquecernos da
realidade. Jimmy Liao nesta historia fai alegato aos soños infantís e dalle a
importancia que merecen. Considero que pode ser un libro interesante para falar
dos soños dos pequenos e pequenas e coñecer un pouco máis a súa personalidade.
Tortosa,
A. e Gutiérrez Serna, M. (2009). De otra manera. Madrid: Thule.
Autor: Ana Tortosa e
Mónica Gutiérrez Serna
Editorial: Thule
Idade: a partir de 8 anos
Ano de publicación:
2009
Páxinas: 28
Os medos, as
tormentas, os pesadelos, as despedidas, as ausencias poden tomarse de outra
maneira si se miran con outra luz, pódense superar se se cambia a forma de velos.
Neste libro retrátase de forma conmovedora o proceso de maduración e crecemento
dunha nena e penso que resultaría un recurso interesante para introducir na
aula o tema dos medos máis común nas diferentes idades. É importante facerlles
ver aos pequenos e pequenas que os adultos tamén temos medos e que é algo
normal, que temos que tratar de superar para que non inferfiran na nosa vida
diaria.
Autor: Carmen Gil
Editorial: Kalandraka
Idade: a partir de 5 anos
Ano de publicación:
2009
Páxinas: 40
Este é un relato repleto de figuras literarias que rebosa
optimismo e alegría. Daniela irradia ganas de vivir aos seres alicaídos que se
cruzan co seu sorriso voador, que se transmite a todos os animais que
protagonizan esta fábula: o hipopótamo, o chimpancé, a elefanta, a avestruz e o
chacal cambian complexos, mal humor, vida monótona, insensibilidade y
discusións por unha nova actitude ante a vida, con autoestima, cariño, audacia,
tenrura e simpatía.
Con este libro poderáselle transmitir aos nenos e nenas
que as emocións se contaxian e que é moi positivo animar aos demais cando pasan
por un mal momento.
Emberly, E.
(2009). Monstruo triste, Monstruo feliz: un libro sobre sentimientos.
Barcelona:Autor- Editor.
Autor: Carmen Gil
Editorial: Autor- Editor
Idade: de 0 a 4 anos
Ano de publicación:
2009
Páxinas: 14
Neste libro desplegable, o lector atopará unha
colección de inxeniosas máscaras que representan os diferentes humores e
sentimentos que experimentan todos os monstruos e nenos e nenas. Este é un bo
recurso para traballar o recoñecemento das emocións nas expresións faciais.
Autor: Jimmy Liao
Editorial: Barbara Fiore
Idade: a partir de 9 anos
Ano de publicación:
2012
Páxinas: 128
A un neno preocupábanlle moitas cousas ata que
descubriu que en realidade non había moitas cousas polas que valera a pena
preocuparse. Con este conto podemos falar cos alumnos e alumnas do que lles
preocupa e facer balance entre todos os compañeiros e compañeiras se merece a
pena estar constamente nun estado de preocupación ou se é mellor vivir a vida
con calma e gozar de cada momento.
Autor: Mireille d`Allancé
Editorial: Corimbo
Idade: de 0 a 4 anos
Ano de publicación:
2009
Páxinas: 32
Neste conto nárrase a historia de Roberto, que non
tivo un bo día e está de mal humor. O seu
pai castígao na súa habitación. O neno sente que unha cousa terrible lle sae de
dentro e quere romper todo o que está ao seu redor… os nenos poderán poñerlle
nome a iso que sinte Roberto e poner exemplos de canto eles senten unha
sensación similar. A lectura deste conto daranos pé a traballar a ira e a
rabia.
Voltz, C.
(2008). ¡Yo no he sido! Andalucía: Kalandraka.
Autor: Christian Voltz
Editorial: Kalandraka
Idade: a partir de 5 anos
Ano de publicación:
2008
Páxinas: 40
Nin vaca, nin burro, nin poliño, nin mosquito...
Entón, ¿de quén era a culpa? Nesta divertida historia propónse unha reflexión
sobre a culpa e pode dar pé na aula a falar cos cativos e cativas sobre esta
emoción.
Paloma, D.
(2003). Una medicina para no llorar. Barcelona: Edebé.
Autor: David Paloma
Editorial: Edebé
Idade: de 0 a 4 anos
Ano de publicación:
2003
Páxinas: 32
Neste conto nárrase a historia dunha nena que se chama
Mar e que chora por calquera cousa e ninguén sabe o porqué. Os seus pais
preocupados lévana ao médico e este explóraa co fin de atoparlle o mal. Cando lle
toca os pés a rapaza comeza a rir e o médico escribe unha receta para curar á
nena: cóxegas na pranta dos pes cada oito horas durante unha semana. Esta é unha historia bastante divertida para
facerlle ver aos pequenos e pequenas que non é malo chorar, sempre que se faga
por algunha razón.















No hay comentarios:
Publicar un comentario