O medo é
unha das emocións básicas que funciona como unha sinal de alarma, que nos avisa
dunha ameaza ou dun perigo que pode ser real ou imaxinario para poñerlle frente
do mellor xeito posible. Se un medo se presenta dun
xeito desproporcionado, con moita frecuencia e intensidade, pasa a considerarse
fobia e as consecuencias serán malestar, preocupacións e síntomas desagradables
que chegan a repercutir na vida cotiá da persoa que os sofre. Respecto
da actividade fisiolóxica referente a esta emoción cabe facer distinción entre
a actividade que se produce no sistema nervioso central, a do sistema nervioso
autónomo e a do sistema nervioso somático.
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
Bisquerra, R. (2000). Educación emocional y bienestar. Barcelona: Praxis.
Hué, C. (2008). Bienestar docente y pensamiento emocional. Bilbao: Wolters Kluwer.
Marina, J. A. (2006). Anatomía del miedo. Barcelona: Anagrama.
Méndez Carrillo, F. X. (2003). El niño miedoso. Madrid: Pirámide.
Segura, M. y Arcas, M. (2003). Educar las emociones y los sentimientos.
Introducción práctica al complejo mundo de los sentimientos. Madrid: Narcea.
PARA SABER MÁIS
Experimento: Pequeno Albert
Unha parella de investigadores norteamericanos realizou varias probas con un neno de aproximadamente un ano de idade para demostrar a teoría da asociación.
Nun primeiro momento o que buscaban era atopar algo que lle metese medo ao neno para poder avanzar o experimento. Logo de facer moitas probas, descubriron que con un ruido forte e inesperado o neno se sobresaltaba, alterábase a súa respiración e levantaba os brazos con medo. Repetiron a acción (bater con un martelo unha barra de ferro) e observaron que apretaba os labios e lle temblaba a boca. Ao terceiro intento o neno comezou a chorar.
Logo ensináronlle diferentes animais (unha rata branca de laboratorio, un coello, un can pequeno, unha cría de mono) e diferentes obxectos (papel queimado, un paquete de algodón…) Filmaron o comportamento de Albert. A súa reacción máis frecuente foi acercarse e tocar os animais e as cousas que lle poñían diante. En ningún momento manifestou sinal de medo ou angustia.
Sacaron dunha cesta unha rata branca e puxéronlla diante ao neno. Nada mais vela, alargou a man para collela. Nese mesmo instante en que comezaba a acariciar ao animal propinaron un son forte co martelo e Albert sobresaltouse. Cando novamente pretendía alcanzar o animal coa súa man, sonou outra vez o ruido metálico e o pequeno comezou a chorar.
Á semana seguinte confirmaron os efectos do experimento anterior. Sen aviso previo, mostráronlle ao neno a rata en silencio. O neno mirouna fixamente e cando se acercou a súa man este apartouna rápidamente. Nese momento os investigadores ofrecéronlle uns cubos de madeira para que xogara, desconectara e se relaxara de novo.
Máis tarde, repetiron seis veces a asociación rata laboratorio - ruido forte. Despois introduciron ao animal sen ningún ruído e constataron que ao aparecer a rata o neno choraba, caída de lado, incorporábase e corría gateando a toda velocidade en sentido contrario ata chegar ao borde da mesa de laboratorio, onde o adulto o socorría.
Dous meses antes Albert gozaba xogando coa rata branca como mascota, e agora sentía un medo intenso cara o animal. Asociar a rata branca con un ruído forte ocasionou que o pequeno fuxira rapidamente ao ver o animal.
Logo mostráronlle outro animais e o medo que tiña á rata extendeuno a eses animais parecidos e ás cousas brancas de textura semellante ao seu pelaxe.

Albert, o pequeno protagonista, era fillo dunha das nodrizas que traballaban nunha situación para neno inválidos. Gozaba de boa saúde e o seu desenvolvemento físico era excelente e foi
seleccionado por ser impasible e pouco emotivo.