REFLEXIÓN


O mundo das emocións, os sentimentos, os afectos e os estados de ánimo é tan amplo que dificilmente podemos saber e coñecer de cheo todo sobre él. Nesta materia introducímonos neste tema falando de conceptos concretos e apoiándonos no libro de Sìlvia Palou, Sentir y crecer. El crecimiento emocional en la infancia. De seguido resumirei os catro primeiros temas traballados nas clases de Educación Emocional, incluindo tamén reflexións persoais.



Tema 1: Inmersión no crecemento emocional.

O motor emocional está composto por diferentes pezas: o entorno afectivo, o diálogo interno, o equilibrio entre proximidade e distancia e a sensibilidade estética.

O entorno afectivo vén representado como o coxín afectivo, que permite que o neno se exprese, sexa escoitado polo adulto e se sinta respectado e valorado. A familia é o primeiro entorno afectivo do neno e comeza a crearse xa antes do seu nacemento polas expectativas que teñen os pais. Os vínculos afectivos que crea o neno cos pais son os que irán construíndo a personalidade do neno que determinará o tipo de relación e vínculo que teña coas demais persoas, como por exemplo os compañeiros e compañeiras de clase.

O diálogo interno está presentado como un caracol e simboliza o mundo interior da persoa. Cando un pequeno ou pequena ven ao mundo o caracol sería transparente, e conforme vai vivenciando este vaise desenvolvendo. Grazas a ese diálogo interno todo persoa é quen de coñecerse mellor a si mesmo.  Neste autocoñecemento tamén xoga un papel importante a familia e a escola, concretamente o grupo de iguais. O neno ou nena verase reflexado co seus familiares ou cos seus compañeiros e compañeiras e experimentará con eles as primeiras emocións. O papel do mestre será estar atento para asegurarse de que todos e cada un dos alumnos e alumnas gañan confianza en si mesmos e saben identificar e recoñecer as necesidades que senten en cada momento para tratar de atoparlle solución aos seus problemas.

A proximidade-distancia está representada como a dozura dunha bágoa. O crecemento emocional ten que ser cada vez máis autónomo, de xeito que o estado emocional propio non dependa do das persoas. Para conseguir isto a familia terá que distanciarse pouco a pouco do neno pero mostrando que pese na distancia séguense preocupando por él e apoiándoo. Cederlle ao pequeño unha liberdade para actuar que lle corresponde, fará que colla confianza en si mesmo e que vaia descubrido os seus propios límites. A relación con outros nenos e nenas é outro factor que favorece a autonomía, xa que terán que aprender a solucionar os conflictos de diferente índole que van xurdindo.

A sensibilidade estética está representada polo lazo da sedución. Este lazo fai referencia á cultura e ás crenzas e aporta creación de significados facendo referencia a maneira de interpretar a realidade e ferramentas para a comunicación (importancia da linguaxe corporal como a visual e a musical entre outras).



Tema 2: relacións entre os contextos afectivos do neno.

Un neno ao pouco de nacer entra en contacto con tres contextos fundamentais que condicionarán o seu desenvolvemento persoal e social. Estes trés contextos dos que falarei a continuación son: a familia, a escola e a comunidade.

O primeiro contexto no que se intruduce o pequeno ou pequena e o que máis influencia ten é a familia. O tipo de vínculo do neno cos seus pais condicionará as relacións que estableza o pequeno con el mesmo e co resto do mundo. Cada familia ten os seus propios valores que se irán transmitindo de xeración en xeración, a maioría das veces dun xeito inconsciente. Coa finalidade de favorecer o benestar do pequeno ou pequena, a familia pode crear lazos afectivos que permitan unha cohesión san do grupo familiar, ter empatía co neno que lles permita recoñecer as demandas que intenta comunicar en cada momento, mostrar flexibilidade para establecer pactos e alianzas e manter unha comunicación e un diálogo sans para poder respectar as necesidades dos demais e as propias.
O tipo de afecto que establezan os pais cos seus fillos determinará en gran medida a personalidade é o comportamento dos nenos.  Entre os tipos de afecto diferenciamos catro:
-          Seguro. Os pais carácterízanse por ser autónomos, seguros e coherentes, polo tanto os fillos venos como unha base segura para explorar o mundo que os rodea.
-          Evitativo. Os pais móstranse distantes  e pouco cariñosos e os fillos mostran o mesmo tamén
-          Resistente. Os pais protexen demasiado aos seus fillos, e estes últimos decide alonxarse dos seus pais para non seguir sentindo angustia.
-          Desorganizado. Os pais non lle poñen límites aos fillos e incluso se podería falar dunha situación de abandono. Os pequenos e pequenas teñen unha actitude depresiva, son demasiado inseguros, fuxen do contacto físico ou ocular e están desorientados.

A escola tamén é outro contexto afectivo fundamental. O neno ou nena pasa moito tempo nesa institución e tense que confiar plenamente nas súas capacidades para que o neno acabe tendo unha imaxe positiva de si mesmo. É importante que neste contexto se lle dé a posibilidade de vivir diferentes experienciar que lle fagan sentir útil. A función do docente é moi importante e é por isto que debe ser unha persoa cualificada, coherente, que saiba poñer os límites claros, que mostre afecto, que  respecto ao seu alumnado, que o impulse á autonomía e á capacidade crítica, que reflexione sobre a súa práctica diaria co fin de mellorala, que sexa optimista e que teña facilidade para comunicarse tanto co alumnado como coas familias ou o resto dos docentes. Ademais do importante papel que xoga o mestre na escola, non podemos esquecernos do grupo clase. Este é un espello para o neno onde pode ver reflectidas os propios sentimentos e emocións e o primeiro marco onde experimentan os primeiros rexeitamentos, angustias ou momento de vergoña.

O terceiro contexto é a comunidade na que viven os nenos. As características de cada comunidade marcan as pautas de cómo e cando facelas cousas. A nosa por exemplo é unha sociedade axitada, que vai rápido o que ocasiona que sintamos angustia e estrés. Isto que sentimos os adultos acabamos por transmitirllo aos pequenos e pequenas. Non respetamos o seu ritmo persoal e sobreestimulámolos sen darnos conta que para que o neno teña un bo desenvolvemento deberemos de deixalo pensar e gozar de cada momento.



Tema 3: Clima e actitudes que deben contaxiarse entre os diferentes sistemas de relación do neno e da nena. 

As actitudes que nos poden facilitar un crecemento emocional e potenciar as nosas capacidades e competencias como persoas autónomas, socias e íntegras son:
-          Transparencia: esta refírese á honestidade, ou sexa ser capaz de recoñecer as nosas dificultades e erros diante dos nenos e nenas e das familias. Esta actitude favorecerá que nos acheguemos a eles e que non teñan medo de fallar ou de recoñecer as súas dificultades.

-          Confianza. Cando confiamos en alguén estamos transmitindo a idea de que os vemos como capaces de facer algo. Os Mestres deberemos de confiar no alumando e na familia, destacando sempre os seus puntos positivos e servindo sempre de punto de apoio e de seguridade. Se damos e recibimos confianza a tarefa educativa será moito máis levadeira e sinxela, sen conflictos de por medio.

-          Tacto. Ter tacto significa actuar con sensibilidade, pero tamén con firmeza, ainda que sen rixidez. Para os nenos e nenas de 0 a 6 anos o contacto corporal é unha ferramenta básica e debemos ser consciente da importancia dos xestos, da expresión facial e as posturas corporais, que ás veces transmiten máis que as palabras.

-          Paciencia. Esta é unha actitude clave para educar e para comunicarnos e establecer unha relación sólida cos pequenos e pequenas. Esta require  espera, ter perseverancia, escoitar as nosas necesidades e as do outro e ser tolerantes.

-          Responsabilidade: esta é unha actitude que nos fai sentir vivos e conscientes dos nosos actos.  Require proponerse metas, ser capaz de automotivarse, respetar as responsabilidades dos demáis e aceptar os erros.

-          Elasticidade: esta permítenos almordarnos a diferentes situacións que se presenten sen perder identidade propia. Para adquirir esta actitude deberemos ser persoas flexibles, valorando os problemas dende diferentes perspectivas, traballadoras e humildes.

-          Armonía: esto enténdese como equilibrio entre dúas partes. Para adquirir esta armonía requírese: adaptación xusta, modulación e progresión, e composición. Atopar a armonía supón gozar de certa tranquilidade e estar seguros de que o camiño que escollemos foi ben elixido.


Tema 4: Ferramentas para a observación e a interpretación dos procesos psicosociais.

Silvia Palou neste capítulo propón dúas formas complementarias de achegarse á valoración das experiencias emocionais: a observación introspectiva e a observación sistemática e a distancia.
A primeira fai referencia ao que está pasando e implicaría un análise e valoración case simultánea. Permite unha apertura, unha flexibilidade das nosas actitudes e respostas, coa finalidade de potenciar a expresión e a comunicación das persoas implicadas na interrelación.
A segunda observación, a sistemática, caracterízase por se facer antes durante e despois da vivencia. Os aspectos que recolle este tipo de observación son que é o que se observa, a función que ten, os obxectivos que perseguímos, a delimitación do campo que queremos observar, as pautas ou aspectos que teremos en conta e a forma na que recolleremos a información.

 O día de mañá cando esteamos nunha aula poderemos decantarnos por un tipo de observación ou outra dependendo da situación que queiramos analizar, tendo en conta que son moi diferentes e que cada unha ten as súas propias delimitacións. Podemos complementar as dúas e lograr sacar o máximo partido á observación. isto de observar é unha tarefa moi importante sobre todo na educación infantil. A comunicación non verbal pódenos ofrecer máis información sobre a personalidade e as actitudes dos pequenos e pequenas nunha idade na que aínda non se expresan con total claridade.




Nestes catro primeiros capítulos do libro de Silvia Palou deixase claro que para acadar unha desenvolvemento emocional equilibrado dos pequenos e pequenas é preciso tanto da familia, como da escola e da comunidade. Cada un destes contextos pode aportarlle novos valores e experiencias que irán conformando a súa personalidade.




Facendo referencia ao aprendido nesta materia, e a modo de reflexión quero facer fincapé na necesidade de educar emocionalmente. Vivimos nunha sociedade enormemente materialista e competitiva que na maioría das ocasións nos leva a esquecernos da importancia das emocións e das relacións positivas cos demais. Isto trasládase ao ámbito educativo, onde ata a actualidade os alumnos e alumnas eran considerados como caixas que había que encher de coñecementos. A educación tradicionalmente centrouse no desenvolvemento cognitivo, con un olvido xeneralizado da dimensión emocional. Sen embargo, son moitos os que están de acordo en que a educación debe orientarse ao pleno desenvolvemento da personalidade do alumnado e isto solo se conseguirá complementando o desenvolvemento cognitivo e emocional.

Non vale de nada que sexas un científico prodixio se non tes a capacidade de relacionarte cos demais e de coñecerte a ti mesmo. Con isto estoume a referir a intelixencia interpersoal e intrapersoal, as dúas que compoñen a intelixencia emocional. Esta capacítanos para manexar os sentimentos e emocións propias, coñecelas e recoñecelas e utilizar o coñecemento que temos sobre elas para dirixir as nosas accións. Axúdanos a orientarnos na vida e a ser felices, autónomos emocionalmente, con confianza en si mesmos, positivos...

Como docente que serei dareille cabida as emocións na aula. Sempre están presentes pero considero que nos primeiros anos de vida teñen aínda máis importancia. Os pequenos e pequenas precisan sentirse seguros, capaces de superar os obstáculos que se presenten e expresarse sobre cómo se sinten en cada momento. Os adultos deberemos de guialos, de transmitirlle cos nosos propio exemplos. Non podemos esperar que eles nos escoiten cando falamos se nos non os escoitamos nunca, que eles recoñezan as súas dificultades e erros se nos non o facemos nunca,  que eles pidan perdón se nós non o facemos… Non podemos esquecer que cando esteamos na aula seremos unha importante figura de referencia para o alumnado e debemos de actuar sempre con moralidade, transmitindo un valores que estean ligados a emocións positivas que favorezan o seu desenvolvemento emocional.



Cando estea diante dunha aula terei en conta que vale máis un corazón intelixente que unha mente prodixiosa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario