“Talvez esteamos facendo algo mal. Talvez esteamos deixando sen educar unha parte importante da personalidade humana, precisamente aquela que debía capacitarnos para ser felices“. José Antonio Marina, filósofo. As emocións están presentes na nosa vida, dun xeito consciente e inconsciente. Neste Blog falarase do intenso e extenso mundo das emocións que xogan o papel máis importante no desenvolvemento de toda persoa.
QUEN SON?
Son Natividad Bustelo Novo, estudante do Grado de Mestra de Educación Infantil da Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, situada no Campus de Lugo.
Neste Blog recóllese información sobre o falado na materia de cuarto curso de Educación emocional, impartida por Lina Iglesias.
Tanto na escola como na casa, débeselle ofrecer aos pequenos e pequenas ferramentas que lle axuden a identificar o que senten e de qué maneira lles afecta, que saiban poñerlle nome as diferentes emocións e sentimentos e regulalos. Non é o mesmo estar triste que estar enfadado, sentir rechazo que sentirse culpable, ter medo que sentir vergoña... Os nenos deben de alfabetizarse emocionalmente e para iso os adultos temos que axudarlle.
Neste blog daráselle importancia a este punto aportando información e recursos de utilidade para coñecer máis sobre o intenso e extenso mundo emocional.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario